Acceso Menores
A/Os menores de 12 anos poderán entrar de balde ao ARCANXO FESTIVAL 2026.
Deberán estar acompañadxs en todo momento polo pai/nai, titor/a legal ou unha persoa adulta con autorización destes.
A/Os menores con idades comprendidas entre 12 e 15 anos (ambas inclusive)
deberán adquirir unha entrada e estar en todo momento acompañadxs polx pai/nai, titor/a legal ou unha persoa adulta con autorización destes.
A/Os menores con idades comprendidas entre 16 e 17 anos (ambas inclusive)
deberán adquirir unha entrada e poderán acceder ao recinto sós presentando unha autorización dx pai/nai, titor/a legal ou dunha persoa adulta con autorización destes.
